Arquivo | Información | Fondos | Servizos | Regulamento |
Fondos do Arquivo da Real Academia Galega
Consulta dos fondos (ligazón externa a Galiciana)
O ARAG esta organizado en cinco grandes bloques:
- Institucional. As institucións déixannos ver o seu funcionamento a través da documentación que xeran e deste xeito coñecemos a súa organización, fins, actividades e obxectivos.
- Arquivos persoais. A Academia foi pioneira en ver a importancia destes fondos persoais que ofrecen unha valiosa fonte de información histórica, difícil de atopar fora destes conxuntos tan particulares. Conservamos ao redor de 90 fondos producidos por diferentes persoas e/ou familias. Practicamente todos os persoeiros da cultura galega dos séculos XIX e XX están presentes.
- Arquivos de empresas. En xeral son pequenos conxuntos e case sempre de empresas cativas pero non por iso de menor interese.
- Arquivos de Asociacións. Catro fondos compoñen esta agrupación: dous antigos A Academia Gallega e a Liga Gallega ambos de gran valor histórico, e dous modernos AELGA e Asociación Cultural 'O Facho' que son dous fondos moi significativos da cultura do momento.
- Coleccións reúnen tanto a documentación solta recibida pola RAG, como coleccións xa formadas e entregadas a Academia.
Doazóns. Toda persoa interesada en contribuír á ampliación dos fondos, pode facelo coa entrega de calquera tipo de documentos (fotografías, programas, carnés, carteis, follas soltas, recordatorios, escrituras, etc)