1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4
O valor das doazóns
O importante patrimonio documental e bibliográfico que atesoura a Academia é froito, na súa maior parte, da xenerosa contribución que centos de intelectuais e entusiastas da cultura galega fixeron ao longo da súa Historia. O noso fondo constitúe, pois, non só unha ferramenta valiosa en si mesma, senón tamén un índice revelador da formación e intereses culturais dos seus propietarios orixinais. Este é o caso das coleccións Murguía, Fontenla Leal, Luís Seoane, Antón Villar Ponte ou Isidro Parga Pondal.
A Academia desexa renderlle homenaxe pública a todos eles e anima a toda persoa interesada en participar na construción desta grande obra comunal a facelo mediante a súa doazón.