1 de 6
2 de 6
3 de 6
4 de 6
5 de 6
6 de 6
Sobre a Biblioteca da Real Academia Galega
FONDOS
A colección da Biblioteca da Real Academia Galega arranca en decembro de 1905 con doazóns feitas por membros da institución ou tamén polos propios autores que foron remitindo as súas obras. Dada a súa rareza, é salientable a importante colección de folletos -monografías de menos de 50 páxinas- editada pola comunidade galega en América e mais polo tecido asociativo co que se contaba en Galicia a comezos do século XX. Xa en 1919, o Ministerio de Hacienda e a Real Academia de la Historia doaron parte da Biblioteca do Convento de Montefaro, conformada polos fondos que lle foran expropiados aos monxes na desamortización, constituíndo hoxe o fondo máis antigo da Biblioteca da RAG. No mesmo ano, o herdeiro de Xosé Fontenla Leal doou a biblioteca de seu pai, iniciador e membro de honra desta institución, ademais dun excepcional bibliófilo galego. Posteriormente, a Biblioteca continuou medrando coa incorporación de bibliotecas individuais como a de Pardo Bazán, Manuel Murguía, Marcial de Adalid, Galo Salinas ou o fondo Luís Seoane.
TEMÁTICA
SERVIZOS
HORARIO
De acordo coas medidas aprobadas polas autoridades para facer fronte á pandemia da covid-19, as persoas usuarias dos servizos de arquivo, biblioteca e hemeroteca deberán solicitar cita previa a través dos correos electrónicos arquivo@academia.gal, biblioteca@academia.gal e hemeroteca@academia.gal, e no teléfono 981 20 73 08.
Horario de atención ao público:
- Setembro a xuño
- De luns a xoves: 9:00 a 14:45 e de 16:30 a 19:45 horas.
- Os venres: 9:00 a 14:45.
- Xullo e agosto
- De luns a venres: 09:00 a 14:15 horas
- A RAG permanecerá pechada en horario de tarde os seguintes días:
24 de febreiro, 17 de marzo e 7 de decembro de 2020.
- A RAG permanecerá pechada os seguintes días:
1 de xaneiro, 6 de xaneiro, 25 de febreiro, 19 de marzo, 9 de abril, 10 de abril, 1 de maio, 24 de xuño, 7 de outubro, 12 de outubro e 8 de decembro e 25 de decembro.