Dicionario da Real Academia Galega Portada Características Créditos

ESTRUTURA DO DICIONARIO

– Naquelas voces que poden ofrecer dúbida aos usuarios, por seren estranxeirismos ou existir máis dunha posibilidade, incorpórase entre corchetes a transcrición fonética.
– Nos adxectivos e substantivos con variación de xénero, inclúese o feminino a continuación da entrada.
– Inclúese o plural da palabra cando este é irregular ou se considera que pode ofrecer dúbida.
– As acepcións poden ir precedidas dunha indicación sobre o ámbito da ciencia ou da técnica á que pertencen cando son específicas do mesmo (Astronomía, Dereito, Psicoloxía etc.)
– Tamén se indican particularidades en canto ao nivel de lingua (vulgar, literario etc) ou se se trata dun uso figurado ou que se orixinou por extensión doutro.
– Todas as acepcións incorporan un ou varios exemplos de uso.
– Inclúense, para cada uso, os sinónimos, antónimos ou palabras relacionadas (confrontar), se os houber.
– Baixo a epígrafe "frases e expresións con ..." aparecen locucións, frases feitas ou modismos dos que a entrada se considera a palabra base.
– Calquera cuestión a maiores que se estima oportuna, recóllese dentro das observacións, que poden incluír información xeral sobre o lema ou sobre algún dos seus usos.


POSIBILIDADES DO FORMATO ELECTRÓNICO

– En todas as entradas é posible consultar a pronuncia, información que se tomou do "Dicionario de pronuncia da lingua galega". Nalgúns casos ofrécese máis dunha posibilidade.
– Todos os verbos que figuran como entradas incorporan a súa conxugación completa, mesmo con indicacións fonéticas en canto ao vocalismo.
– Os cambios recentes sobre calquera aspecto das entradas aparece indicada nas mesmas e, á parte, pódense consultar o conxunto de todas elas na sección "Ultimas modificacións".
– No caso das palabras relacionadas, que remiten a outras ou que se definen mediante un sinónimo, a ligazón lévanos a aquela onde aparece a información completa.
– Ofrécese un buscador de sinónimos, antónimos e termos próximos (confrontar) xunto cos exemplos de uso.Dentro das palabras relacionadas compílanse aqueles termos cos que está establecida algún tipo de afinidade, ao xeito dun dicionario ideolóxico.
– A busca avanzada permite localizar información por distintas vías:
  • Localiza as entradas que teñen en común o principio, o final ou unha secuencia de caracteres no seu interior.
  • Permite chegar ás entradas que presentan unha palabra na súa definición ou nos exemplos.
  • Ofrece aquelas que comparten a mesma indicación en canto ao ámbito de uso utilizando a pestana dos tecnolectos.
  • Estas opcións son combinables entre si.

Para unha maior información pode baixar o documento da marxe dereita.
Características
(PDF, 375 Kb)