A institución | Presentación | Historia | Organización | Seccións | Colección RAG | Acordos | Sede e Horario | Prensa |
1 de 9
2 de 9
3 de 9
4 de 9
5 de 9
6 de 9
7 de 9
8 de 9
9 de 9
Colección da Real Academia Galega
A colección da Real Academia Galega formouse ao longo de máis dun século de existencia mediante achegas dos membros, dos propios autores e artistas e tamén grazas á contribución de institucións e persoas a título privado, tanto da terra como da diáspora.
A colección componse de máis dun milleiro de referencias, onde destacan as pezas arqueolóxicas, proba da preocupación que tiña xa desde os seus inicios a entidade polo estudo da historia de Galicia. Tamén posúe gran valor a parte estritamente artística composta por varias ducias de pinturas, centos de debuxos e un modesto número de esculturas, entre as que cabe salientar obras de Seoane, Castelao, Ovidio e Alexandra Murguía, Asorey, Cebreiro, Isaac Díaz Pardo…
Ademais destas dúas grandes seccións, a colección complétase cun bo número de mapas, carteis, bandeiras e curiosidades de todo tipo que conforman unha imaxe cabal, se ben incompleta, da evolución nos intereses culturais e artísticos das persoas que fixeron parte desta institución.