Hemeroteca | Información | Catálogo | Hemeroteca Virtual | Boletíns |
1 de 10
2 de 10
3 de 10
4 de 10
5 de 10
6 de 10
7 de 10
8 de 10
9 de 10
10 de 10
Sobre a Hemeroteca da Real Academia Galega
FONDOS
A hemeroteca conserva nos seus fondos máis de 2.500 cabeceiras de revistas publicadas ao longo dun período de douscentos anos. De especial importancia é a sección de publicacións galegas, que reúne títulos tan significativos como Diario de Santiago, Semanario instructivo, El Idólatra de Galicia, O Vello do Pico-Sagro, A Nosa Terra, Nós ou Vida gallega. Tamén resulta de grande interese o conxunto de revistas americanas, editadas as máis delas polas colectividades galegas que viviron na emigración cubana e arxentina a finais do século XIX e principios do XX.
Polo seu valor histórico cómpre mencionar tamén as revistas que proceden de coleccións persoais, e moi nomeadamente aquelas que pertenceron a Manuel Murguía, a Emilia Pardo Bazán, aos irmáns Antonio e Francisco Mª de la Iglesia, e, máis recentemente, ao académico Isidro Parga Pondal.
SERVIZOS
HORARIO
De acordo coas medidas aprobadas polas autoridades para facer fronte á pandemia da covid-19, as persoas usuarias dos servizos de arquivo, biblioteca e hemeroteca deberán pedir cita previa a través dos correos electrónicos arquivo@academia.gal, biblioteca@academia.gal e hemeroteca@academia.gal, e no teléfono 981 20 73 08.
Meses de xullo e agosto, de luns a venres, de 9:00 a 14:15 horas.
24 de febreiro, 17 de marzo e 7 de decembro de 2020.
- A RAG permanecerá pechada os seguintes días:
1 de xaneiro, 6 de xaneiro, 25 de febreiro, 19 de marzo, 9 de abril, 10 de abril, 1 de maio, 24 de xuño, 7 de outubro, 12 de outubro e 8 de decembro e 25 de decembro de 2020.