Contido con Actualidade Novas.
Contádenos o voso Día das Letras reúne as olladas ao mundo de Carvalho Calero de oitenta colexios
12/11/20 |
O concurso, parte do proxecto dixital Primavera das Letras, resolverase o vindeiro mes de xaneiro e repartirá lotes de libros entre os colexios gañadores
A Real Academia Galega celebra o 12 de decembro o pleno do Día das Letras Galegas
12/4/20 |
O acto terá lugar no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, onde Ricardo Carvalho Calero ocupou a primeira cátedra de Lingüística e Literatura Galega
A Real Academia Galega celebrará en 2021 o Congreso Internacional "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois"
12/2/20 |
A institución participa na organización dun encontro que xuntará na sede da Academia e da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán especialistas na autora de recoñecido prestixio procedentes de distintos países
O Auditorio de Galicia acolle a exposición 'Carvalho Calero. A voz presente'
12/2/20 |
A mostra, da que son comisarios os profesores Carlos Quiroga e José Luís Rodríguez, poderá verse en Santiago de Compostela ata o 7 de marzo
Cal será a Palabra do Ano 2020?
11/30/20 |
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié animan a participar na elección colectiva do termo a través do Portal das Palabras
Marilar Aleixandre gaña o XXXIX Premio Eduardo Blanco Amor con 'As malas mulleres'
11/30/20 |
A académica de número retrata o tramo final do século XIX nunha historia conducida por Juana de Vega e Concepción Arenal que recoñece o labor das chamadas visitadoras de cárceres
A Fundación Granell celebra as Letras de Carvalho Calero cun maratón de lectura
11/25/20 |
Víctor F. Freixanes participou na inauguración poñéndolle voz ao poema que o protagonista do Día das Letras Galegas 2020 dedicou ao seu amigo Álvaro Cunqueiro
'Cadernos Ramón Piñeiro' reúne vinte achegas sobre Ricardo Carvalho Calero
11/25/20 |
O presidente da RAG participa no volume cun artigo sobre a relación coa institución do protagonista do Día das Letras Galegas 2020 e Manuel González detense na súa gramática e a creación da cátedra de galego na USC
Nicandro Ares, mestre da onomástica galega
11/25/20 |
Un libro recorda a figura e a obra do académico correspondente Nicandro Ares, falecido en 2017. Os académicos Xesús Alonso Montero, Antón Santamarina e Xesús Ferro Ruibal participan no volume
Últimos días para participar no concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras de Carballo Calero
11/24/20 |
O certame, convocado a través da páxina web Primavera das Letras, repartirá premios entre os colexios de infantil e primaria que compartan os seus traballos dedicados á vida e á obra do protagonista das Letras Galegas 2020