Contido con Actualidade Novas.
A Real Academia Galega congratúlase pola protección inminente da biblioteca de Emilia Pardo Bazán
11/21/20 |
Víctor F. Freixanes e Román Rodríguez presentaron o expediente de incoación do procedemento para declarar BIC o patrimonio bibliográfico da escritora. O presidente da RAG agarda que o conxunto dos libros se reúna en breve na que foi a residencia coruñesa da autora, hoxe sede da institución
O pleno elixe a María Dolores Sánchez Palomino académica de número
11/17/20 |
A lexicógrafa, recoñecida a nivel internacional, é catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña. Dirixe a revisión do ‘Dicionario bilingüe castelán-galego’ da Academia e mais a rede RELEX.
A Academia agarda poder celebrar o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas de Carvalho Calero en decembro
O Festival de Cine de Sevilla premia o filme 'Nación' de Margarita Ledo
11/16/20 |
O galardón recoñece a dirección da académica nesta película que narra a historia das mulleres que loitaron contra o peche da fábrica de cerámica de Pontesa. O filme poderá verse este mércores en Cineuropa Compostela, onde a académica tamén será premiada
A Real Academia Galega aproba os nomes normalizados das constelacións
11/12/20 |
A Casa das Ciencias acolleu a presentación dun traballo que contribúe á normalización e estandarización do idioma no eido da astronomía. A fixación dos nomes das 88 constelacións é froito da colaboración do Seminario de Terminoloxía e o equipo composto por Salvador Bará, Dosi Veiga e Martin Pawley
Xavier Senín, "Premio Nacional á Obra dun Tradutor 2020"
11/11/20 |
O xurado salienta a calidade e meticulosidade do traballo do académico correspondente vertendo obras de distintos xéneros ao galego
A Academia solicita que a biblioteca de Emilia Pardo Bazán sexa declarada BIC para garantir a súa protección
11/9/20 |
O presidente da RAG mantivo unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia na que coincidiron na necesidade de protexer este conxunto singular. A institución rexistrou a petición de protección acompañada da listaxe de obras da autora que ficaron en Meirás
Salvador García-Bodaño deixa pegada da súa poesía no Xardín das pedras que falan
11/9/20 |
O académico contribuíu á espiral de pedras deste recuncho de Santiago de Compostela co verso "Compostela, soño de pedra no tempo"
Os nomes comerciais en galego, un valor no mercado e normalizador
11/7/20 |
A V Xornada de Onomástica Galega analiza en que se inspiran e que transmiten os nomes galegos de marcas, produtos e empresas. O encontro permitiu coñecer distintas experiencias que demostran que o galego vende dentro e fóra do país
Cineuropa e a Asociación Española de Investigación da Comunicación réndenlle homenaxe a Margarita Ledo
11/5/20 |
A académica reivindicou as linguas non hexemónicas e o cinema no discurso que pronunciou no acto celebrado na súa honra na Universitat de València. Os premios do festival de cine de Santiago de Compostela tamén recoñecerán a súa traxectoria
A xornada sobre os nomes comerciais desenvolverase de xeito telemático
11/5/20 |
A V Xornada de Onomástica analiza este sábado o valor do idioma para designar marcas, tendas ou empresas. O programa, que ía desenvolverse no Museo de Pontevedra, poderá seguirse dende academia.gal. A zoqueira Elena Ferro, as deseñadoras Irene García e Raquel Boo e Xosé González, impulsor de “Con acento propio”, exporán as súas experiencias