Novas na categoría doazóns.

Doazón de Francisco Cerviño

1/8/15 | Entre os valiosos documentos doados polo exdeputado e membro correspondente da Academia, áchanse un exemplar da Engádega ás normas para reunificazón do idioma galego, do Seminario de Estudos Galegos, e outro titulado Os Nosos: Méndez Núñez, publicado por Ultreya.

O 'Picaraño', periódico republicano, radical, revolucionario do Entrimo

6/10/14 | Entre o material procedente da doazón de José Ogea atopamos esta verdadeira rareza xornalística, o xornal quincenal o Picaraño, publicado no Entrimo entre 1909 e 1910.

Achado o primeiro número de 'La tierra gallega'

4/21/14 | A doazón procedente de José Ogea contén o primeiro número do semanario La tierra gallega, fundado por Manuel Curros Enríquez na Habana o 8 de abril de 1894.

Doazón de documentos de Villar Ponte

4/9/14 |
Esperanza Casal Rodríguez, nora de Antón Villar Ponte, fixo entrega á Academia, por medio de Pepe Carballude, de varios documentos que pertenceron ao senlleiro galeguista.

Doazón do legado de José Ogea

3/25/14 |
Entre o valioso material doado, áchase un exemplar dedicado de A mi madre, de Rosalía de Castro, así como primeiras edicións dos nosos clásicos, e abondosas pezas hemerográficas e documentais.

A biblioteca Mirambell-Malibrán

1/13/14 |
O 22 de novembro de 1927, o empresario catalán afincado en Vigo e membro correspondente desta institución, Tomás Mirambell, fixo doazón á Academia dunha importante colección bibliográfica.

Doazón de Ana Mejuto

12/27/13 | A doazón consiste en máis de corenta cartas escritas desde a cadea polo seu avó, o preso republicano José Mejuto Bernárdez.

Doazón dos manuscritos do xeneral Beceiro

11/8/13 |
Entre as cinco obras manuscritas doadas polo seu fillo, Juan Luís Beceiro García, á Academia atópanse as traducións d'O Quixote e A Odisea.

A Academia recibe o arquivo persoal de Rodríguez Yordi

8/24/13 |
Eladio Rodríguez Rodríguez e María Victoria Rodríguez fixeron entrega, en nome da súa familia, de valiosos manuscritos de Julio Rodríguez Yordi.

Doazón de O Facho á Academia

3/11/13 |
O acordo inclúe a doazón á Academia de milleiros de pezas documentais e bibliográficas que recollen o labor desta agrupación en defensa da lingua e cultura galegas.

Novas na categoría doazóns.

Non hai resultados.

Novas da Academia

Subscríbete