Novas na categoría efemérides.
Día Internacional dos Arquivos 2015
6/5/15 |
O vindeiro día 9 de xuño conmemórase a creación do Consello Internacional de Arquivos (ICA) pola UNESCO en 1948. Un ano máis, a Real Academia Galega súmase á celebración desta efeméride.
O Puzo do Lago e o Puzo do Barco
4/15/15 |
O 14 de abril de 1949 finaba na Coruña o xornalista, poeta e lexicógrafo ribeirao, Eladio Rodríguez González, membro fundador e presidente da Real Academia Galega.
A Academia Gallega e José Ruiz y Blasco, pai de Pablo Picasso
2/25/15 |
A celebración do 120 aniversario da primeira exposición de Pablo Picasso na cidade da Coruña é unha boa ocasión para evocar o estreito vínculo entre José Ruiz y Blasco, pai do pintor malagueño, e o proxecto de creación dunha “Academia Gallega”, que non chegou a realizarse por falta de acordo entre os socios.
Jose Leite de Vasconcelos na Coruña
2/23/15 |
A primeiros de setembro de 1902, o eminente filólogo e arqueólogo portugués Jose Leite de Vasconcellos (1858-1941) visitaba a Coruña onde foi recibido e homenaxeado polos membros da Cova Céltica.
Quen foi Margot Sponer
2/6/15 |
A filóloga alemá Margot Sponer (1898-1945) foi, probablemente, a autora da primeira tese de doutoramento sobre a lingua galega e vítima do réxime nazi.
O Día das Letras Galegas a Castelao na prensa da época
1/30/15 |
Cincuenta un anos despois do Día das Letras Galegas dedicado a Castelao en 1964, a Academia publica un dossier de prensa no que recolle a repercusión nos medios daquela celebración.
Lembranza de Aureliano J. Pereira
1/22/15 |
No 160º aniversario do seu nacemento, evocamos a figura do escritor, xornalista e político lugués Aureliano J. Pereira (1855-1906), unha figura a medio camiño entre o Rexionalismo e o Federalismo.
Unha carta de Xosé María Álvarez Blázquez a Bouza Brey
1/19/15 |
No centenario do seu nacemento, publicamos unha carta de Xosé María Álvarez Blázquez a Fermín Bouza Brey conservada no Arquivo da Academia.
Manifesto do Consello de Galiza de xaneiro de 1970
12/5/14 |
No setenta aniversario da súa fundación en Montevideo, o 15 de novembro de 1944, exhumamos un manifesto do Consello de Galiza publicado en xaneiro de 1970.
Cincuentenario do pasamento de Benjamín López, por Xoán Babarro
11/18/14 |
Entre o oito e o quince deste mes de novembro o Concello de Boal tributoulle unha homenaxe a Benjamín López, cunha exposición e unha serie de actos de carácter literario e artístico, con motivo do cincuentenario do seu falecemento.