Novas na categoría lingua.

Dispoñible o novo número de 'Cadernos de Lingua'

9/4/14 |
A paisaxe lingüística compostelá e o xeito de acentuar os neoloxismos incorporados ao galego son algúns dos temas tratados neste novo número, o 35 da colección.

Nace Como cho digo ;-)

3/28/14 |
A iniciativa, promovida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ten como obxectivo aumentar a visibilización do galego nos medios de comunicación.

A Academia e o Parlamento organizan un seminario para unificar criterios lingüísticos

12/12/13 | O curso insírese nun programa de colaboración entre as dúas entidades co fin de promover a calidade no uso da lingua nas institucións públicas.

Visita de Gilvan Müller de Oliveira

11/7/13 | O director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa visitou a Academia co fin de afondar no coñecemento mutuo entre as dúas institucións, e de explorar futuras fórmulas de cooperación.

Sobre a situación do galego no Bierzo

10/29/13 | O novo curso escolar iniciado este outono trouxo canda si un empeoramento do acceso ao galego no ensino na comarca galego falante do Bierzo. O membro correspondente da Academia, Héctor Silveiro, analiza a nova situación.

Unha ollada sobre o Portal das Palabras

6/17/13 | Concibida como un medio para aumentar a difusión do repertorio léxico creado pola Academia, nesta nova analizamos algúns dos servizos que esta páxina ofrece aos seus usuarios.

Presentación do 'Portal das Palabras'

6/13/13 |
Este novo espazo dixital, desenvolto conxuntamente pola Academia e a Fundación Barrié, ten como obxectivo contribuír ao coñecemento e difusión dos recursos léxicos creados pola Academia entre a comunidade escolar.

Actualización do 'Dicionario da Real Academia Galega'

6/11/13 | Entre as novas melloras engadidas atopamos o buscador de sinónimos, a posibilidade de facer buscas avanzadas e a aplicación para móbiles.

Dispoñible en liña o novo 'Cadernos de Lingua'

3/1/13 | Cadernos de lingua nº 34 contén cinco artigos de investigación lingüística e dúas recensións sobre dúas publicacións de actualidade.

Presentación na Academia do 'Dicionario de alimentación'

2/28/13 | Esta obra, un glosario de máis de 3500 termos traducidos ao castelán e o inglés, pretende contribuír á normalización do uso do galego no ámbito da hostalaría.
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete