Novas na categoría novidades.
A toponimia, incluída na 'Lei para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial'
5/28/15 |
A Lei, publicada no Boletín Oficial do Estado do pasado 27 de maio, ten entre os seus obxectivos incluír os bens culturais inmateriais na noción de patrimonio cultural para garantir, deste xeito, a súa protección.
Trinta anos de Ramón Lamote
5/25/15 |
No artigo da Tribuna desta semana, a académica Fina Casalderrey evoca a publicación en 1984 do libro Das cousas de Ramón Lamote, do escritor lugués Paco Martín, nado en Lugo en 1940.
Xesús Alonso Montero inaugura a 'Tribuna'
5/7/15 |
Con esta nova sección, os membros de número, correspondentes e de honra da Academia poderán achegarnos a súa ollada sobre asuntos de interese da actualidade cultural galega ou da súa especialidade.
Xabier Quiroga e Gonzalo Hermo, Premios da Crítica española 2014
4/20/15 |
Foron premiados na categoría de Narrativa por Zapatillas rotas e na de Poesía por Celebración respectivamente.
Salvador García-Bodaño, Medalla de Ouro e Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela
1/7/15 |
O pasado 26 de decembro, a Corporación Municipal de Santiago de Compostela acordou, por unanimidade, concederlle a Medalla de Ouro da cidade e o título de Fillo Adoptivo da mesma ao autor de Tempo de Compostela.
'Judas Goat', unha serie en liña de vampiros con subtítulos en galego
12/17/14 |
A produtora executiva desta serie, Dhaunae de Vir, infórmanos nesta entrevista sobre o seu proceso de toma de contacto coa lingua e cultura galegas, así como sobre outros aspectos relacionados co seu labor como escritora e produtora de filmes e videoxogos.
Entrevista a Xesús Ron, membro de Chévere
11/28/14 |
Segundo Xesús Ron, a concesión do Premio Nacional de Teatro por parte do Ministerio de Educación e Cultura supón un recoñecemento ao teatro feito en galego e en Galicia.
O Grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014
11/27/14 |
O grupo radicado en Teo convértese, deste xeito, na primeira compañía galega recoñecida con este galardón concedido anualmente polo Ministerio de Educación e Cultura.
A Academia celebrará en febreiro un Pleno Extraordinario en Ponteceso
11/24/14 |
Deste xeito, a Academia renderalle homenaxe a Eduardo Pondal na súa vila natal no quincuaxésimo aniversario do Día das Letras dedicado á súa figura, en 1965.
Gabriel Rei-Doval, 'Este foro supón un recoñecemento definitivo á relevancia internacional da lingua galega',
11/20/14 |
Gabriel Rei-Doval, Profesor Titular de Lingüística Luso-Hispánica na Universidade de Wisconsin-Milwaukee (EEUU), é un dos promotores da creación do Foro de Lingua, Literatura e Cultura Galega da MLA. Nesta entrevista ofrécenos a súa valoración deste feito crucial na proxección exterior da nosa cultura.