A institución | Presentación | Historia | Organización | Seccións | Colección RAG | Acordos | Sede e Horario | Prensa |
1 de 3
2 de 3
3 de 3
Órganos de goberno e as súas funcións
Pleno
Está constituído polos trinta membros de número e é o encargado de tomar as decisións últimas que afectan á Real Academia Galega.
Ver pleno actual
Comisión Executiva
Está constituída polo presidente, o secretario, o tesoureiro, o arquiveiro-bibliotecario e o vicesecretario. Actúa por delegación do Pleno e encárgase de exercer o goberno da institución e de establecer a orde do día das Xuntas. A actual Comisión Executiva foi elixida o día 28 de marzo de 2017.
Presidente
Convoca e preside as reunións, ademais de representar a institución en toda clase de entidades. O actual presidente da institución é Víctor Fernández Freixanes.
Secretario
Encárgase de redactar a acta de cada sesión e da memoria anual da Academia, ocúpase da correspondencia e do seu rexistro, e substitúe o presidente na súa ausencia. O actual secretario da institución é Henrique Monteagudo Romero.
Tesoureira
Responsabilízase do patrimonio e da contabilidade da institución. A actual tesoureira da institución é Marilar Aleixandre.
Arquiveira-bibliotecaria
Encárgase de velar pola conservación e ordenación de libros, manuscritos e documentos da institución, así como de coordinar a adquisición de fondos bibliográficos e documentais. A actual arquiveira-bibliotecaria da institución é Fina Casalderrey.
Vicesecretario
Substitúe o secretario en ausencia deste e auxilíao en todas as funcións que este lle encomende. O actual vicesecretario da institución é Andrés Torres Queiruga.
Membros que compoñen a Academia
De número
Os trinta membros de número que contempla o esquema organizativo da Real Academia Galega teñen a obriga de residir no territorio do dominio lingüístico galego, son elixidos polo Pleno e gozan de todos os dereitos e teñen todas as obrigas sinaladas nos Estatutos e no Regulamento.
Ver listaxe de académicos numerarios.
De honra
O nomeamento de membro de honra recae naquelas persoas que teñan prestado relevantes servizos á nosa cultura nos campos dos que se ocupa a institución.
Ver listaxe de académicos de honra.
Correspondentes
O compromiso de residencia non afecta aos sesenta membros correspondentes que, elixidos polo Pleno, poden participar nas tarefas científicas e sociais da institución pero non nos seus órganos de goberno.
Ver listaxe de académicos correspondentes.
Estatutos da Real Academia Galega
Nesta ligazón poden descargar os Estatutos da Real Academia Galega.