Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Antón Villar Ponte Viveiro, Lugo, 02/10/1881 24/07/1934 Eladio Rodríguez González, Félix Estrada Catoyra e Francisco Ponte y Blanco Ramón Otero Pedrayo Xosé Luís Franco Grande (03/07/1998 - 31/03/2020) Leandro Carré Alvarellos (03/03/1945 - 14/02/1976) Rafael González Villar (27/07/1941 - 14/03/1941) Antón Villar Ponte (24/07/1934 - 04/03/1936) Manuel Lago González (04/09/1905 - 17/11/1910) Antón Villar Ponte naceu en Viveiro o 2 de outubro 1881 e finou na Coruña o 4 de marzo de 1936. Dedicouse ao xornalismo, concibiu a renovación ideolóxica do noso nacionalismo e foi o principal prosista da xeración das Irmandades da Fala. En Viveiro comezou os seus estudos para cursar posteriormente Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Durante os anos da carreira militou no republicanismo e colaborou en El Combate. En 1904, tras licenciarse, comezou a rexentar unha botica en Foz, onde se estreou no xornalismo anticaciquil coas súas intervencións lo boletín local ¡Guau, guau!e na Revista Gallega. Desta época data a súa primeira peza dramática, Do caciquismo: A patria do labrego. En 1906 marchou a Madrid e alí exerceu como xornalista de El País, mentres, ao ano seguinte, xa de volta en Galicia, participou como redactor de Tierra Gallega. Pouco tempo despois emigrou á Habana por mor das dificultades económicas e alí dirixiu o Diario Españole algunhas revistas, como Alma Gallega e Follas Novas. Foi tamén secretario da Comisión Protectora da Real Academia Gallega e participou no movemento galeguista, á vez que mantivo contacto con Basilio Álvarez e Ramón Cabanillas. De volta a Galicia, en 1910, exerceu como correspondente do Diario de La Marina e de Correspondencia, foi redactor de La Voz de Galicia na Coruña e presidente da Asociación da Prensa coruñesa. Neses anos estableceu un contacto fundamental con diversos intelectuais do galeguismo, como Manuel Murguía, Aurelio Ribalta e, especialmente, con Manuel Lugrís Freire. Partindo do seu republicanismo federalista, a súa ideoloxía avanzou cara ao nacionalismo de Murguía. Nesa liña, a comezos de 1916 decidiu crear, coa axuda do seu irmán Ramón, unha Liga de Amigos del Idioma Gallego que se converteu en realidade na primeira Irmandade dos Amigos da Fala, constituída o 18 de maio dese mesmo ano nos locais da Real Academia Galega. Elixido presidente, publicou o folleto "Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional", unha colección dalgúns dos seus artigos escritos en La Voz de Galicia, e comezou a actividade do que foi o voceiro oficial das Irmandades, o xornalA Nosa Terra, dirixido e redactado por M. Lugrís Freire, Lois Peña Novo e el mesmo. Con todo, a súa figura tamén destaca na dimensión estritamente política. A influencia de Risco levouno a apoiar as teses de Risco e Losada Diéguez e xuntos fundaron, en 1922, a Irmandade Nazonalista Galega. Coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro pola Coruña, aínda que dimitiu en canto observou que, baixo un sistema tal, era imposible acadar os obxectivos de autonomía para Galicia. Desde ese intre, comezou a súa viaxe desde o tradicionalismo cara ao nacionalismo democrático. Da súa idea de crear un Partido Liberal Autonomista Gallego, xurdiu a ORGA, que fundou en colaboración con Santiago Casares Quiroga e outros galeguistas republicanos da Coruña. Foi elixido en 1931 deputado da Federación Republicana Gallega nas Cortes Constituíntes. En 1934, a medida que a ORGA se achegaba máis ao republicanismo de esquerdas español, rompeu a súa relación con Casares Quiroga e pasou a militar no Partido Galeguista, á vez que ingresaba na Real Academia Galega, co discurso titulado O sentimento liberal en Galicia. |