Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Euloxio Rodríguez Ruibal Ordes, A Coruña, 16/03/1945 24/03/2006 Salvador García Bodaño, Francisco X. Río Barxa e Xosé Luís Axeitos Agrelo Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo Xosé Luís Axeitos Agrelo Euloxio Rodríguez Ruibal (24/03/2006 - ) Antonio Meijide Pardo (25/05/1963 - 25/06/2004) Ángel del Castillo López (18/03/1927 - 14/03/1961) Ramón Armada Teixeiro (04/09/1905 - 12/06/1920) Arquiveiro-Bibliotecario (23/01/2010 - 20/04/2013) Fina Casalderrey Fraga (28/03/2017 - Actualidade) Margarita Ledo Andión (20/04/2013 - 17/03/2017) Euloxio Rodríguez Ruibal (23/01/2010 - 20/04/2013) Xosé Luís Axeitos Agrelo (17/12/2005 - 18/12/2009) Antonio Gil Merino (29/11/1997 - 16/11/2005) Euloxio Rodríguez Ruibal nace en Ordes (A Coruña) o 16 de marzo de 1945. Reside desde neno en Compostela, onde na mocidade frecuenta os ambientes teatrais e cinéfilos, que influíron de xeito notable nas súas posteriores actividades artísticas e literarias. O actor e director Juan Jesús Valverde, con quen mantén desde aquela unha gran amizade, introdúceo no Teatro de Cámara Ditea, co cal colabora durante varios anos como rexedor de escena e director. Despois funda e dirixe o grupo teatral Obradoiro e mais o equipo de cinema independente Lupa. Por esta época escribe guións e pezas teatrais breves e a súa vocación literaria refórzase co coñecemento de persoeiros da nosa cultura tan relevantes como Eduardo Blanco-Amor, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo. Así mesmo, relaciónase estreitamente con escritores e artistas da súa xeración (Xavier Carro, Roberto Vidal Bolaño…) ou da xeración anterior (Bernardino Graña, Salvador García-Bodaño, Xulio Maside, XoséLuís Méndez Ferrín…) e céntrase na escrita de textos dramáticos. Entre as obras teatrais publicadas dende entón, cómpre salientar as seguintes: Zardigot (1974), A sonada e proveitosa enchenta do Marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida (1975), O cabodano (1977), Azos de esguello (1990), Maremia (1996),O son da buguina (1999) Luscofusco (2000), Labirinto da memoria (2010). Unha escolma de textos dramáticos breves ofrécese en Minimalia. 20 pezas curtas (2004). A obra dramática infantil apareceu publicada nos volumes Teatro infantil (O aparello troca tempos, Os ledos chirlomirlos de don Farraco Farraqueiro, A marquesiña encantada) (l988) e Brinquemos ó teatro (25 peciñas para nenos e xoves) (1990). Do interese de Ruibal pola narrativa ofrecen unha boa mostra a novela Casarriba (2000), e mailos numerosos relatos curtos publicados en prensa, revistas e libros colectivos, moitos deles recollidos no volume De corpo enteiro (1994). Posteriormente, saíron á luz os contos A fonte de Ana Manana, Noite americana eAmor.es. Licenciado en Arte Dramática e doutor en Teoría da Literatura, actualmente é profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; impartiu numerosos cursos de escritura dramática e audiovisual nas tres universidades galegas. |