Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Francisco Díaz-Fierros Viqueira Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 04/07/1941 28/09/2002 X. Ramón Barreiro Fernández, Francisco X. Río Barja, Carlos Casares Mouriño e Andrés Fernández-Albalat Lois. Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo Xosé Ramón Barreiro Fernández Francisco Díaz-Fierros Viqueira (28/09/2002 - ) Isidoro Millán González-Pardo (17/05/1975 - 12/06/1978) Manuel Gómez Román (30/12/1951 - 11/11/1964) Gonzalo Brañas Fernández (27/07/1941 - 02/08/1948) David Fernández Diéguez (28/03/1925 - 23/12/1936) Adriano López Morillo (17/11/1910 - 30/01/1913) José Ogea Otero (27/10/1905 - 03/12/1909) Ángel Amor Ruibal (04/09/1905 - 27/10/1905) Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Vilagarcía de Arousa, 1941), licenciouse en 1964 en Farmacia pola Universidade de Santiago e na mesma universidade doutorouse tres anos despois na especialidade de Edafoloxía. Bolseiro da Fundación Juan March (1968) e da Fundación Barrié de la Maza (1973), foi nomeado profesor adxunto de Edafoloxía da Universidade de Santiago en 1970, cargo que exerceu ata 1987, ano en que acadou a Cátedra de Edafoloxía e Química Agrícola. Foi secretario da Facultad de Farmacia (78-79) e director do Instituto de Investigación e Análise Alimentaria da Universidade de Santiago desde 1994 ata 1998.No seu labor docente dirixiu ou codirixiu vinte e oito tesiñas de licenciatura e vinte teses de doutoramento. Acadou os premios Fray Bernardino de Sahagun (1972), Federico Manciñeira (1978) Deputación de Pontevedra (Investigación) (1980), Galicia (Investigación),da USC (1982). Pertence a diversas sociedades científicas nacionais e estranxeiras e presidiu a Sección I de la Sociedad Española de Ciencia del Suelo (1990-1998), a Sociedade Galega de Historia Natural (1977-1983), e na actualidade e desde 1980 preside a Xunta Rectora do Seminario de Estudos Galegos, foi membro do Council of the European Soil Conservation (1994-98) e é membro desde 1983 do Consello da Cultura Galega, do que foi vicepresidente entre 2002 e 2018. É membro correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia (1992), numerario da Real Academia de Farmacia. Sección Galicia (2000) e membro numerario da Real Academia Galega desde o 28 de setembro de 2002, data en que deu lectura ao discurso Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo, e a quen en nome da institución respondeu Xosé Ramón Barreiro Fernández. Dirixiu a revista Braña, da Sociedade Galega de Historia Natural (1977-1980), os comités editoriais da Revista Galega de Estudos Agrarios, (1979-83); Trabajos Compostelanos de Biología, (1976-79); Suelo y Planta, (1990-1998); Proxecto Galicia de Editorial Hércules (desde 2001) e tamén o Consello Consultivo da Gran Enciclopedia Galega. Silverio Cañada (2003). O seu labor científico céntrase fundamentalmente no estudo dos solos e na climatoloxía agrícola de Galicia, do que dan mostra a maior parte dos traballos dos que é autor, coautor ou coordinador: Contribución a la Climatología de Galicia (Universidad de Santiago, 1971);Los Gallegos, (Madrid, 1976, en colaboración con outros autores); Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978, en colaboración con outros autores); La Universidad de Santiago (Santiago, 1980, en colaboración con outros autores); Necesidade e Satisfacción (varios autores). Seminario de Sargadelos, 1981; As especies forestais e os solos de Galicia, (Seminario de Estudos Galegos, 1982, en colaboración con Calvo de Anta, R. e Paz González, A; Xeografía de Galicia (1982, varios autores); Capacidad Productiva de los suelos de Galicia. Mapa 1:200.000 (Santiago, 1984, en colaboración con F. Gil Sotres, F.); Suelos Naturales de Cantabria (Madrid, 1985, con F. Guitián, T. Carballas e M. Plata); O Caurel (Santiago, 1985, en colaboración con outros autores); La caliza en Galicia (Lugo, 1985, en colaboración con outros autores); La construcción del paisaje:Megalitismo y Ecología. Sierra del Barbanza, (Xunta de Galicia, 1986, con F. Criado e M. J. Aira); O Medio Natural Galego, (Seminario de Sargadelos, 1986, varios autores); Ourense. Guia Monumental, (Deputación Provincial de Ourense, 1986, varios autores); La Naturaleza en Galicia. INCAFO-REPSOL, (Madrid, 1988); Human Influence on Forest Ecosystems Develop in Europe, (Bologna, 1988, varios autores); A Natureza Ameazada. Xea, Flora e Fauna de Galicia en perigo, (Consello da Cultura Galega, 1989, coordinador); El purín de vacuno en Galicia. Caracterización, poder fertilizante y problemas ambientales (Xunta de Galicia, 1990, en colaboración con T. Carballas); Prehistoria e Historia Antiga (Tomo I. Proxecto Galicia, A Coruña. 1991); Soil Erosion in Spain (Geoforma, 1991, varios autores); Action of the forest fires on vegetation cover and soil erodibility (Geoforma, 1991, varios autores); Os solos da Terra Chá. Tipos, xénese e usos (Lugo, 1992, en colaboración con A. Castelao); Metodologías de estudio de los procesos de erosión hídrica del suelo en España (coordinación con Rubio, J. L., 1992); As concas fluviais de Galicia. Características e riscos de contaminación difusa, (USC, 1993, con A. Núñez, e E. López Periago); Xeografía Xeral (Tomo XVII, Proxecto Galicia, A Coruña, 1996); As augas de Galicia (coordinador, Consello da Cultura Galega, 1996; LUCVS AVGVSTI. El amanecer de una ciudad (Fundación Barrié de la Maza, 1996, varios autores); Prácticas agrarias compatibles con el medio natural (Madrid, 1996, varios autores); Soil Degradation and Desertification in Mediterranean Environment, (Geoforma, 1996, varios autores); Buffer Zones: Their processes and potential in water protection, (Environment Agency. Harpenden (U.K.) 1996 varios autores); Effects of Mineral-Microorganisms Interactions on Soil and Freshwater Environment, (Kluwer Academy, 1999 varios autores); Un novo mundo para un home universal. Partida de Humboldt desde A Coruña cara a súa viaxe americana. (coordinador con D. Rozados, Consello da Cultura Galega, 1999); Los caminos jacobeos en Galicia. Paisajes. (Xunta de Galicia e Instituto Geominero y Tecnológico de España. 1999, varios autores); O Medio Ambiente: do control de emisións a incerteza do risco (Real Academia de Farmacia. Sección de Galicia. Santiago, 2000); 25 anos de Medio Ambiente en Galicia, (Adega. 2000, varios autores); O Bispo dos sen alma. Catálogo da Exposición Frei Rosendo Salvado (1814-1900) (coordinador con A. Bouzón, Consello da Cultura Galega 2001); Natureza (Proxecto Galicia. coordinador xeral, Coruña, 2002-2004); Xeoloxía. (Tomo XXXVII, Proxecto Galicia, coordinador e coautor, A Coruña, 2003). Realizou o estudio introdutorio de diversas obras, entre elas: Memoria sobre el conocimiento de las tierras: verdadero y económico método de cultivarlas, adaptado al clima y circunstancias de Galicia y Asturias (Consul Jove, F.) (Ed. Facsimilar). Seminario de Estudos Galegos, 1987; Viajes de Herborización por Galicia (P. Merino) (Ed. Facsimilar, en colaboracion con Fraga, X.A.) Seminario de Estudos Galegos, 1987; Aves de la Isla de Cuba. (Lembeye, J.) (Ed. Facsimilar) Xunta de Galicia, 1995; Historia Física, Política y Natural de la Isla de Cuba (Ramón de La Sagra). (Ed. Facsimilar) Xunta de Galicia, 1996; A Orixe das Especies (Darwin, Ch.) Universidad de Santiago, 2003. |