Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Xosé Luís Méndez Ferrín Ourense, 07/08/1938 30/09/2000 Francisco Fernández Rei, Constantino García González, Manuel González González, Xesús Ferro Ruibal, X. Ramón Barreiro Fernández, Ramón Lorenzo Vázquez, Antón Santamarina, Xesús Alonso Montero, X. L. Franco Grande e Salvador García-Bodaño Zunzunegui A poesía medieval galega vista desde os relanzos derradeiros do século XX Ramón Lorenzo Vázquez Xosé Luís Méndez Ferrín (30/09/2000 - 13/03/2013) Antonio Fraguas Fraguas (08/05/1956 - 06/11/1999) Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (25/07/1934 - 07/01/1950) Jaime Ozores de Prado (15/09/1905 - 02/05/1922) Manuel Leiras Pulpeiro (04/09/1905 - 15/09/1905) Presidente (23/01/2010 - 13/03/2013) Víctor Fernández Freixanes (28/03/2017 - Actualidade) Xesús Alonso Montero (20/04/2013 - 17/03/2017) Xosé Luís Méndez Ferrín (23/01/2010 - 13/03/2013) Xosé Ramón Barreiro Fernández (20/12/2001 - 22/01/2010) Francisco Fernández del Riego (29/11/1997 - 29/11/2001) Domingo García-Sabell Rivas (06/11/1977 - 29/06/1997) Sebastián Martínez-Risco y Macías (09/10/1960 - 24/09/1977) Manuel Casás Fernández (15/10/1944 - 30/07/1960) Eladio Rodríguez González (19/06/1944 - 15/10/1944) Manuel Casás Fernández (13/12/1942 - 19/06/1944) Manuel Lugrís Freire (28/05/1934 - 20/08/1935) Eladio Rodríguez González (20/11/1926 - 04/03/1934) Francisco Ponte y Blanco (31/03/1924 - 23/08/1926) Andrés Martínez Salazar (12/05/1923 - 06/10/1923) Manuel Martínez Murguía (04/09/1905 - 02/02/1923) Xosé Luís Méndez Ferrín naceu en Ourense o 7 de agosto de 1938. A súa infancia e primeiros estudos transcorren nesta cidade, con estadías tamén, que se manterán ó longo da súa vida, na casa paterna de Vilanova dos Infantes (Celanova). Estes dous espazos serán protagonistas de moitos dos seus poemas, relatos e novelas. En 1949 trasládase coa familia a Pontevedra, onde publica os seus primeiros textos coñecidos (Litoral, 1954). Posteriormente, en 1955, trasládase a Vigo, cidade que será, con parénteses, a súa residencia definitiva, principal centro de actividade política e motivo literario de notábel importancia. Realiza estudos universitarios de Filoloxía primeiro en Compostela e logo en Madrid, onde funda con outros estudantes e obreiros o grupo Brais Pinto, de capital importancia na renovación cultural e política da Galicia de finais dos anos cincuenta. Destes anos son tamén os seus primeiros libros, que sorprenden a crítica pola súa precocidade, personalidade e madurez: Voce na néboa (1957) e Percival e outras historias (1958). Nos inicios dos anos sesenta participa na fundación da UPG, partido que por primeira vez asociaba o nacionalismo co marxismo. O seu activismo neste ámbito levouno á cadea franquista en varias ocasións (1967, 1968 e 1969-70) e á clandestinidade (1972). Despois de fundar o PGP, primeiro partido independentista, e aprobada a vixente Constitución, foi detido e preso en 1980 con cargos dos que logo sería absolto. A súa actividade política chega á actualidade, militando na Fronte Popular Galega, aínda que o cargo de Presidente da Real Academia Galega, para o que foi escollido en xaneiro de 2010, o apartou dos labores de dirección. Por Anxo Angueira |