Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| José Ogea Otero Cortegada, Ourense, 16/08/1845 27/10/1905 Académico fundador Francisco Díaz-Fierros Viqueira (28/09/2002 - ) Isidoro Millán González-Pardo (17/05/1975 - 12/06/1978) Manuel Gómez Román (30/12/1951 - 11/11/1964) Gonzalo Brañas Fernández (27/07/1941 - 02/08/1948) David Fernández Diéguez (28/03/1925 - 23/12/1936) Adriano López Morillo (17/11/1910 - 30/01/1913) José Ogea Otero (27/10/1905 - 03/12/1909) Ángel Amor Ruibal (04/09/1905 - 27/10/1905) Naceu en Cortegada (Ourense) o 16 de agosto de 1845 e finou na mesma vila o 3 de decembro de 1909. Foi escritor e político republicano que fixo parte da Real Academia Galega como membro numerario desde a súa fundación. Fillo dun canteiro, cursou Farmacia na universidade de Santiago de Compostela, onde axiña se revelou como poeta e narrador e onde, sobre todo, tomou contacto cos círculos republicanos e cos movementos antiautoritarios precursores da revolución de 1868. Sendo moi novo accedeu á Deputación Provincial de Ourense, representando o seu distrito natal dentro das filas republicanas. Xa en 1873, ano da I República española, resultou elixido deputado ás Cortes constituíntes, polo que deixou o seu posto na corporación provincial ourensá. No entanto, coa disolución deste proxecto ao ano seguinte por parte do xeneral Pavia, Xosé Ojea Otero tivo que exiliarse en Portugal perante a represión dos primeiros tempos da primeira Restauración Borbónica (1874-1931). Xa durante a monarquía de Alfonso XII, o noso biografado regresou á casa paterna en Cortegada onde rexentou a farmacia familiar e dedicou o seu tempo a escribir. Ojea Otero ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro de 1905, ano da súa fundación, proposto pola Xunta de Goberno, e formou parte dos círculos de intelectuais do Rexurdimento cos que compartiu inquietudes políticas e intelectuais. Curros Enríquez (a quen prologou a primeira edición do seu libro Aires da miña terra), Manuel Murguía (a quen prologou a súa obra Célticos), Paz Novoa, Vázquez Moreiro, Claudio Fernández, Eduardo Chao (a quen lle dedica o seu libro de narracións El mundo rural), Luís A. Mestre Hernández, Serafín Temes ou Ildefonso Meruéndano, entre outros. Entre as súas publicacións encóntranse as seguintes: |