Boletín RAG
O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) foi o órgano oficial e científico da institución desde o 20 de maio de 1906 ata decembro de 1980, data en que se publicou o número 360. Vinte anos despois, no ano 2000, e xa con carácter anual, reanúdase a súa publicación co número 361. Ademais de dar conta das sesións, acordos e actividades da Academia, acolle nas súas páxinas traballos propios do seu ámbito de actuación. A presente dixitalización abrangue dende o número 1 (1906) deica o número 360 (1980), e os catro volumes da Colección de Documentos Históricos. Con isto preténdese pór a disposición do público unha colección completa de difícil acceso, ao mesmo tempo que se quere contribuír a difundir un mellor coñecemento da longa existencia da Real Academia Galega e das súas achegas á cultura do país.
Normas de entrega de orixinais para a publicación no BRAG.
Nesta páxina pode consultarse o histórico de Boletíns da RAG (ata o nº 371 do ano 2010).
Pode consultar aquí os boletíns completos (dende o nº 361 do ano 2000).
Cadernos de Lingua
Os Cadernos nacen no primeiro semestre de 1990 coa aspiración de promover a investigación científica sobre a lingua galega, así como de divulgar aspectos lingüísticos que son de interese para os estudosos e para a sociedade en xeral. Hoxe por hoxe, os Cadernos constitúen un foro de debate onde se abordaron, e se continúan a abordar, cientificamente cuestións de importancia para o futuro da lingua galega como a fixación da terminoloxía, a definición da variedade culta, o coñecemento da situación lingüística de Galicia ou as posibles estratexias de normalización. Deste xeito, esta revista contribúe ao estudo e á reflexión sobre os problemas lingüísticos e á plena normalización da lingua galega.
Nesta páxina pode consultar todos os Cadernos.
Discursos
A publicación dos discursos iníciase en 1906 coa edición da lectura que o académico Leandro Saralegui Medina ofreceu o 30 de setembro de 1906 na solemne inauguración da Real Academia Galega. Estas publicacións continúan nos nosos días dando cabida aos discursos lidos en actos de natureza diversa.
Consulte os discursos nesta ligazón.
Publicacións de Historia
Poden consultarse aquí as publicacións da Sección de Historia.
Publicacións de Lingua
Poden consultarse aquí as publicacións da Sección de Lingua.
Publicacións de Literatura
Poden consultarse aquí as publicacións da Sección de Literatura.
Outras publicacións
Todas as publicacións que non teñen cabida nos anteriores epígrafes poden consultarse aquí.
Publicacións totais
A totalidade das publicacións da RAG pode consultarse nesta páxina.
Publicacións da Casa Museo Emilia Pardo Bazán
La Tribuna. Cadernos de estudos da Casa Museo Emilia Pardo Bazán está dispoñible na páxina web revistalatribuna.gal. Pode descargarse tamén nestoutra páxina.